InicioMovementos sociaisCréase a Plataforma "Paradela di non aos macroeólicos"

Créase a Plataforma “Paradela di non aos macroeólicos”

A veciñanza asegura que poñen en marcha a plataforma ante a necesidade de facer fronte ás decisións de xestión do territorio que realiza o Concello e co obxectivo de intentar frear a "invasión eólica que padecen."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza refírese a invasión ao tratarse de centrais eólicas con infraestruturas de máis de 200m ata a punta da pá, que se sitúan entre as aldeas, a escasos 500m das casas, en parcelas agrícolas actualmente en uso, con impactos irreversibles sobre os bens patrimoniais, e cuxos impactos sobre a saúde e as augas non foron correctamente avaliados.

“Cremos que para que exista un benestar social é de vital importancia ter en conta o interese colectivo e non procurar o interese individual. Ademais, a experiencia previa da implantación dos anteriores parques eólicos, deixa ver que a explotación do vento desta forma non é a máis axeitada para os habitantes nin para os negocios do noso Concello. Como persoas que sentimos amor polo lugar no que vivimos, non podemos permanecer en silencio, é a necesidade e a dor o que nos fai unirnos e movernos para crear conciencia sobre isto”, aseguran.

Afirman que Paradela é un bo lugar para vivir e construír un futuro, preto da familia e amigos, da natureza e da tranquilidade do rural. Declaran o seu amor pola terra, o fogar e o sentimento de pertenza e de identidade co entorno. “A maioría das persoas que vivimos aquí dedicámonos á actividades agrogandeiras, intentando facer un bo trato dos recursos naturais e mantendo un equilibrio dos nosos pequenos ecosistemas, e polo
tanto mantendo o ecosistema global do concello. Non concibimos a vida sen equilibrio, sen actividade agrícola e gandeira, sen respecto polo medio ambiente e sen amor polos animais e pola vida que crece no campo.”

“A instalación dos parques eólicos non debera estar tan masificada para que teñan que poñelos na porta das nosas casas”

Consideran interesante a opción das enerxías renovables para mitigar o cambio climático, pero enganden, “a instalación dos parques eólicos non debera estar tan masificada para que teñan que poñelos na porta das nosas casas. Como poden axudar os aeroxeneradores a que se instalen novas persoas a vivir nas aldeas? Que nos aporta este proxectos á mocidade de Paradela? Apórtanos algún beneficio económico? Dá valor ao noso entorno e paisaxe? Nós creemos que non, só nos dá pena, pero tamén forzas para loitar por esta terra, e tratar de manter o rural vivo.”

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...