InicioOpiniónCousas xacobeas: San Mamede do Camiño

Cousas xacobeas: San Mamede do Camiño

Parroquia pequena é esta de San Mamede, no Concello de Sarria, máis é a única da comarca onde resoa a denominación patrimonial de "Camiño Francés". Xaime Félix López Arias mergúllanos na historia de Sarria e da súa tradición xacobea.

Publicado o

POR
Xaime Félix López Arias
- Advertisement -

Pasado o Albergue de Peregrinos que hai máis adiante da Aguiada entramos na parroquia de San Pedro do Camiño, que conserva o topónimo que a vencella á ruta da peregrinación xacobea. Forman esta parroquia os lugares de San Mamede, A Airexe e San Pedro do Camiño
nos que o número de residentes non chega á decena, xa  que varias casas quedaron vagas e só están en pé un total de cinco.
O traxecto do Camiño de Santiago  por esta parroquia é de 1.340 metros, que comezan onde dín o Tesouro e rematan no Pontón. Os topónimos  que sinalan o vencello a ruta son os de So Camiño, O Campo . Calzada de Valtesa, A Taberna e O Pontón.
Esta parroquia formaba parte da Xurisdición de Sárria e estaba integrada no Partido da Andaduría, agás dúas casas que formaban parte do Couto de Castelo dos Infantes.
A igrexa de San Mamede está arredada do Camiño e foi obxecto de restauro non hai moitos anos.
Beira da antiga calzada están San Mamede do Camiño Francés e San Pedro do Camiño Francés, así reflectidas na documentación antiga, e que agora quedaron reducidas aos nomes de  San
Mamede  (moitos din “Sanamede”) e San Pedro..
O topónimo de Leiro da Taberna fala dunha  desaparecida actividade orientada á xente de paso, peregrinos, alugados, maragatos e traxinantes que mantiveron moi viva esta ruta ata que en 1853 e 1880/1882 a apertura da estrada de Valdeorras e a chegada do tren a Sárria fixeron que perdese importancia esa vía. En San Pedro do Camiño houbo unha capela adicada a San Pedro, desaparecida  xa hai moito tempo.
Entre esta parroquia e a de Vilar de Sárria (lugar do Carballa) houbo durante séculos un lugar moi perigoso para ser pasado e que no tempo de invernía facía prácticamnte imposble transitalo. Trátase da desaparecida Lagoa do Pividal, formada polas augas descendentes desde Castelo dos Infantes, que facían del un lugar lamacento e dificil.  Para pasalo había uns peares ou pasais de pedra que se mantiveron ata o útimo terzo do século XIX cando o Concello de Sárria, atendendo as constantes peticiòns dos veciños, acordou facer un paso ou
“alcantarilla”, ao que os veciños chamaron “O Pontón”, formado por catro muretes pedra  riba dos que puxeron grandes lastras que permitiron que se poidese pasar por ese punto a pé enxoito.
Nos primeiros anos do século XX comezou a falarse de facer un novo camiño aproveitando o “Camiño de Castela” ou “Camiño de Triacastela” que permitise unha cómoda e directa comunicación coa vila de Triacastela. Finalmente as aspiracións foron máis modestas e quedou
convertido en “Camilño de Sárria a Pintín”. Este camiño con orixe en Vigo de Sárria pasando por O Carballal, San Pedro e San Mamede do Camiño, A Aguiada e a igrexa de Calvor remataba en Pintín, e ali permeneceu parado por máis de cincuenta anos.
A Deputación Provincial, en toda a lonxitude deste vial na parroquia de San Mamede do Camiño fixo un vieiro de terra que recorda a vella ruta. Parroquia pequena é esta de San Mamede, máis é a única da comarca onde resoa a denominación patrimonial de “Camiño Francés”.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...