InicioOpiniónDiario de desescalada: Os marcos entre provincias

Diario de desescalada: Os marcos entre provincias

As redes sociais fervían con este tema, sen entender que realidade sanitaria tan distinta podería haber entre Palas de Rei e Melide, entre Sober e Parada de Sil, entre O Vicedo e Mañón, para prohibir os desprazamentos entre uns e outros sitios.

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

O ‘Diario de corentena’ torna agora nun ‘Diario de desescalada’, un camiño de volta cara a esa nova normalidade da que tanto nos falan e que aínda ninguén é capaz de se imaxinar. Pedro Sánchez anunciou hoxe que esa situación non se alcanzará ata finais do mes da sega. De aquí a aló, agárdanos un plan de transición en catro fases e un millón de preguntas.

Nun tempo, tocará afacerse a pedir cita previa ata para ir mercar unhas zapatillas novas que substitúan esas que se estragaron de tanto estar na casa. Faremos memoria para pensar que calzado poñiamos, vestiremos unha máscara nos fociños e iremos ata a terraza dalgún bar ao 30% da súa ocupación. De momento, esquecede os reencontros nos salóns dos fogares. Segue o Diario de desescalada no Lugo Xornal.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo (martes, xoves e domingos) dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...