HomePolíticaKatherinie Varela aposta por potenciar o Camiño de Inverno a Santiago

Katherinie Varela aposta por potenciar o Camiño de Inverno a Santiago

A candidata do PP á Alcaldía de Monforte lamenta que os socialistas non teñan colaborado coa Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e propón abrir o baixo do Hotel Comercio e crear un albergue municipal.

Publicado o

- Advertisement -

A candidata do PP, Katherinie Varela, informa dalgunhas medidas en materia de cultura e turismo. A candidata aposta por potenciar o Camiño de Inverno a Santiago a través da habilitación dunha oficina e da apertura dun albergue municipal. O programa electoral dos populares recolle tamén a elaboración dun Plan Director para a dinamización do Camiño de Santiago.

Os populares califican a xestión municipal de nefasta no caso do baixo do Hotel Comercio, por non ter aberto aínda o Centro de recepción e Interpretación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra. Instalación na que se investiron 15.000 euros e pola que se paga un aluguer mensual de máis de 300 euros.

A candidata do PP á Alcaldía fixa como prioridade a apertura do inmoble e avanza a colaboración coa Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra para a súa xestión. “É unha asociación que de forma desinteresada potenciou o Camiño e penso que debemos axudarnos uns a outros para seguir ese labor de dinamización que consiga traer máis xente á nosa cidade”, precisa.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...