HomePolíticaO PP de Taboada comprométese a rematar o PXOM

O PP de Taboada comprométese a rematar o PXOM

O PP de Taboada vén de celebrar o seu mitin no que interviron, ademais do rexedor e candidato do PP á alcaldía de Taboada, Ramiro Moure, o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o senador popular José Manuel Barreiro.

Publicado o

- Advertisement -

No mitin dos populares en Taboada, Ramiro Moure puxo en valor a xestión económica do Goberno local do PP que logrou, segundo dixo, que o Concello teña débeda cero e iso permite “continuar activando todos os recursos a disposición do Concello para prestar servizos aos veciños”.

Os populares comprometéronse a rebaixar o recibo do lixo, o IBI para explotacións agrarias e as licencias de actividade para a posta en marcha do polígono industrial para instalar novas empresas, e propoñen axudas para a realización de trámites administrativos para aqueles propietarios que queiran xuntar terras, e falan de desenvolver un plan municipal para a fixación de poboación.

O PP local tamén se compromete a rematar o plan urbanístico (PXOM) e a continuar coa modernización do contorna urbana e das parroquias coas infraestruturas necesarias, como alumeados, traídas de auga e saneamento, “para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.” Tamén explicou o alcaldable popular que potenciarán as rutas de sendeirismo, as rutas en bicicleta, as Escolas Deportivas e crearán novas infraestruturas coma unha pista de pádel e a ampliación das instalacións da Medela.

Candidatura

  1. Ramiro Moure Ansoar
  2. Isabel Fidalgo Albor
  3. Luis Gómez García
  4. Sonia Conde Montenegro
  5. Pedro Rodríguez González
  6. Dulce Montes Gómez
  7. Alberto Varela González
  8. Brais Rafael Pacior Novoa
  9. José Moure García
  10. Marcos Antonio Varela Rodríguez
  11. María Jesús Gayoso Meilán

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...