HomePolítica“Queremos que a ilusión da cidadanía se manifeste no resultado”, Raquel López,...

“Queremos que a ilusión da cidadanía se manifeste no resultado”, Raquel López, candidata PSOE Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Raquel López Rodríguez está no PSOE de Chantada desde o 2011. No 2015 xa foi candidata socialista neste concello e para as municipais deste 26 de maio a súa candidatura foi aprobada por aclamación en asemblea da Agrupación Socialista de Chantada.

Acompáñana na candidatura representantes dos diversos sectores económicos e sociais do concello. A lista amosa o compromiso coa igualdade de xénero ao ter alternancia muller-home nos primeiros postos e ser paritaria con 9 homes e 9 mulleres.

Raquel López de 40 anos é natural de Chantada. Os socialistas gobernaron aquí en coalición co BNG despois das eleccións do 2011, no 2015 obtiveron 3 concelleiros nun concello no que para a maioría absoluta son necesarios 7.

Coa vista posta nas eleccións municipais, que aporta o PSOE ao concello?

Estamos facendo a campaña con moita ilusión, a xente acóllenos ben. Creo que a xente ten ganas de cambio. O proxecto que se está desenvolvendo neste concello, primeiro baixo as siglas de INTA e agora como PP, xa cansa. É un proxecto de demasiados anos para un concello como Chantada. Percibimos ilusión e ganas de cambio, agardamos que así se reflicta nas urnas o domingo.

Cales son as popostas do PSOE para Chantada?

Nós fixemos un programa realista, non fixemos un programa con cousas que non poidamos cumplir, isto témolo moi claro, e xa foi así no 2011 e no 2015. Podemos ofrecer capacidade de traballo e de loita. Temos propostas que cremos, poden ser positivas para Chantada, para sectores que o están pasando mal. Como o comercio. Fixemos unhas enquisas para coñecer as súas inquedanzas.

A Praza de Abastos ten que entenderse doutro modo, debería ser de exposición dos produtos que temos en Chantada para crear un contorno comercial e levar un viveiro de empresas para ela. Vemos que hai moita xente con moitísimas inciativas, con ganas de emprender proxectos e queremos que eses proxectos se materialicen en Chantada.

Queremos poñer en marcha unha Escola de Viticultura e facela adscrita ao IES Val do Asma; é algo importante para Chantada porque temos un sector vinícola moi importante. É incomprensible que xente nova que se quere adicar a isto e que podería dinamizar a economía e crear postos de traballo, teña que ir formarse fóra.

A cidadanía é unha peza importante no voso discurso. Ata onde queredes chegar a este respecto?

Nós propoñemos orzamentos participativos e un regulamento de participación cidadá. Fixemos a enquisa cos comerciantes e reunímonos con todos os colectivos porque a nosa idea é que a xente tamén poida involucrarse na política. Á xente non se lle pode escoitar só cada 4 anos, hai que buscar os mecanismos e os cauces para que nos fagan chegar as opinión e ideas, e como eles ven as cousas.

Falabas de que a xente está cansa do proxecto político que se está desenvolvendo en Chantada, por que, que se fai mal a o voso entender?

Aquí o que a xente ve é que non hai traballo nin ganas. Son moitas cousas, nós non podemos prometer o que non se poda facer, pero si podemos dicir da xente que agora se presenta polo PP que non mostran interese e se preocupan, non loitan. Houbo problema co servizo de pediatría, a oposición acompañou aos veciños nesta loita por non perder ese servizo; problemas coas optativas no Val do Asma e Lama das Quedas e nós presentamos iniciativas no Parlamento galego mentres que a xente que está no goberno non loitou con suficiente forza por esgotamento e cansanzo.

Outros exemplos, o medio rural está totalmente abandoado, levaría moito tempo poñer ao día o noso medio rural. Para o despoboamento non hai solucións máxicas e o abandono é terrible, pero podemos comezar a loitar por manter certos servizos no rural. Non hai traídas de auga, non hai redes de saneamento, non hai accesos dignos. Se desde o concello non se fan esas cousas, que si están nas súas mans, non se fixará poboación e non se poderá vivir dignamente no rural. Nós comprometemonos a facer todo o posible para invertir a situación que estamos vivindo neste concello.

Concello de Chantada / XdL

O PSOE no Goberno do Estado e neste tempo na Deputación, pórtanse mellor cos concellos do PSOE? Como valoras o tema do “goberno amigo”?

Sempre axuda ter un goberno en sintonía porque compartimos moitísimos obxectivos comúns. Pero, por exemplo a Deputación co PSOE cumpliu co Concello de Chantada en moitos aspectos e a Xunta non colaborou para nada co Concello nestes anos que gobernaba Inta.

Tivemos problemas coa educación, coa sanidade e desde a Xunta non se fixo nada. Temos un problema coa rede de saneamento e coa depuradora e de Augas de Galicia a Chantada non chegou nada, a pesar de que se paga. Houbo problemas do campo de fútbol do Sangoñedo e a Deputación fíxose cargo, desde a Xunta non se aportou nada.

Que sensacións vos traladaron o asistententes ao mitin? Que vos din os datos?

Do mitin da semana pasada no que temos que agradecer que nos acompañara o Secretaro Xeral, Gonzalo Caballero, quedamos moi contentos. Vimos ilusión e ganas de cambio, vimos que durante moitos anos a veciñanza baixou os brazos como se fose imposible cambiar a cor política, pero agora vexo esperanza na xente. Ademais tivemos moita xente que antes nunca vira e iso reforza a nosa ilusión.

Con respecto aos datos, sobre iso non temos enquisas, temos a sensación da xente e o contacto constante e diario coa veciñanza. Queremos que toda a ilusión se manifesta no resultado.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...