HomePolíticaPleno de constitución do Concello de Sober en vivo

Pleno de constitución do Concello de Sober en vivo

A sesión plenaria comezará ás 00:00 horas do día 15, na noite de hoxe venres ao sábado, e retransmitirase en directo vía Facebook.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober, primeiro de España de todos os concellos que se van constituír o día 15 de xuño, retransmitirá en directo a primeira sesión plenaria e a toma de posesión da Corporación a través da súa conta oficial da rede social Facebook: https://www.facebook.com/concello.desober/

Facilitarase deste xeito que quen queira seguir o Pleno poida facelo, con independencia do lugar no que se atope e sen necesidade de estar presente no propio concello. Dadas as horas nas que terá lugar, a idea, ademais de curiosa e innovadora, resulta práctica.

O Goberno local elixe esta rede para retransmitir a sesión plenaria na que conta con máis de 6.500 seguidores, aínda que tamén ofrecerá información a través de Twitter e Instagram, onde o Concello de Sober conta tamén con perfiles oficias.

A sesión poderase seguir tamén desde o salón de plenos ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...