HomePolíticaO PP monfortino vota en contra dos orzamentos monfortinos, aos que considera...

O PP monfortino vota en contra dos orzamentos monfortinos, aos que considera insuficientes e ‘opacos’

Os populares láianse de que os presupostos que levou ao Pleno o alcalde, José Tomé, non contemplen varias das principais actuacións que reclaman os veciños e veciñas ademais de presentar pouca claridade no detalle de gastos.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo dixo a voceira popular, Katherinie Varela, “botamos en falla o Plan Xeral de Urbanismo, unha ferramenta que reclaman os veciños e as veciñas de Monforte”. Tamén citou no propio Pleno a necesidade de que se teñan en conta outros investimentos dirixidos a actuacións en parques e zonas peonís “tan deteriorados no noso centro urbano”.

Continuando nas críticas aos orzamentos presentados polo goberno socialista indicou que “estamos ante unhas contas escuras e opacas”, por entender que non se neles non se especifican os diferentes gastos co detalle establecido na Lei, e lamentou que non se tivese en conta nos mesmos a “tan anhelada” rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

Varela, insistindo na falta de claridade da que pecan estes orzamentos, a ollos do seu partido na oposición, pediu explicacións sobre a estrutura duns orzamentos “escuros e opacos ao non incluír os niveis de detalle que establece a Lei” e precisou, ademais, que existe “un bo número de partidas de definición xenérica que non especifica máis o gasto”.

Na mesma liña de crítica anterior consideran os populares como insuficiente a documentación complementaria dos presupostos “cun anexo de persoal moi pouco claro e confuso e fáltanos tamén a plantilla completa de persoal”.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...