HomePolíticaTomé asegura que o conselleiro de Economía "columpiouse" en Monforte e deu...

Tomé asegura que o conselleiro de Economía “columpiouse” en Monforte e deu un “mitin”

"No canto de insultar e andar ofendendo polo territorio adiante, que explique que proxectos ten", dixo.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, non ocultou o seu malestar polas declaracións que onte fixo o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, sobre a situación da central térmica das Pontes no transcurso da visita á empresa Euroserum, cando acusou o Goberno de España de promover unha “rotura enerxética” que pode deixar na rúa por centos de familias.

“Penso que o conselleiro, en Monforte, columpiouse moito e faltou ao respecto institucional“, dixo Tomé, porque durante a súa visita a esa empresa ía acompañado “por representantes do Concello”. “Dar un mitin, mentres visita unha empresa acompañado por xente do Concello, non é de moi boa educación”, lamentou Tomé.

O presidente da Deputación instou ao conselleiro de Industria a “explicar que proxecto ten a Xunta de Galicia para a zona das Pontes, Ferrol, A Mariña e o interior de Galicia” como alternativa á produción eléctrica mediante a queima de carbón, no canto de “dar un mitin” político sen contido. “Que proxecto industrial ten a Xunta de Galicia, porque el é o conselleiro de Economía e Industria da Xunta”, insistiu Tomé.

“No canto de insultar e andar ofendendo polo territorio adiante, que explique que proxectos ten”, dixo Tomé, quen lembrou que a Deputación está “á beira dos traballadores” e defende unha transición enerxética “suave”.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...