HomePolítica"A temeridade do alcalde cústalle a Chantada 120.000 euros", asegura o PSOE

“A temeridade do alcalde cústalle a Chantada 120.000 euros”, asegura o PSOE

O PSdeG-PSOE de Chantada asegura que os veciños de Chantada deberán pagar en concepto de intereses 120.000 euros pola mala praxe do alcalde, Manuel Lorenzo Varela, na contratación de obras.

Publicado o

- Advertisement -

No pleno extraordinario que se celebrou o pasado xoves 18 de xuño, un dos puntos da orde do día era o dunha modificación de crédito por valor de 120.000 euros coa finalidade de facer fronte aos intereses que una empresa construtora reclamou xudicialmente por obras feitas no ano 2015.

Dende o Grupo Municipal Socialista aseguran que se alertou ao grupo de goberno sobre a irregularidade que se estaba a cometer nesta cuestión, “xa que se trataba de obras adxudicadas a dedo, sen partida orzamentaria para tal fin e sen os proxectos pertinentes.”

Segundo sinalan os socialistas, o pago das obras, realizadas no 2015 por dúas empresas, ascendía a uns 600.000 euros, e interpuxeron un recurso de reposición. Agora, cinco anos despois, “o concello é obrigado a indemnizar a una das empresas que levou a cabo aquelas obras con 120.000 euros que sairán do peto da veciñanza precisamente nun momento de crise sanitaria, económica e social no que todos os recursos son poucos para poder palialas.”

Desde o PSOE aseguran que lamentan “a neglixente acción, a despreocupación e o desleixo na xestión de Manuel Lorenzo Varela que sufrimos e pagamos todos os chantadinos e chantadinas.”

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...

Morre a avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos

Lola da Pena cumprira 111 anos o pasado 23 de maio, o que a...

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, reelexido secretario xeral dos socialistas

O PSdeG-PSOE de Taboada celebrou a súa asemblea local, na que foi reelixido como...

Segredos de Pantón organiza o roteiro ‘No Deade dos séculos XVIII e XIX’

A asociación cultural Segredos de Pantón retoma a actividade cultural coa organización dunha andaina...