HomePolíticaIniciativas de Agroma Sober para o Hospital de Monforte e o centro...

Iniciativas de Agroma Sober para o Hospital de Monforte e o centro de saúde soberino

Agroma Sober considera que a falta de neuróloga no Hospital Comarcal de Monforte debe ser tratada nos plenos da área do sur de Lugo reivindicando que se cubra esa especialidade para non seguir aumentando as listas de agarda. Piden tamén que se acondicione a contorna do centro de saúde de Sober ás necesidades que xera a crise do coronavirus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Agroma Sober considera que a situación do Hospital debe ser tratada nos plenos da área do sur de Lugo para defender nas zonas do interior galego os mesmos servizos que outros hospitais. Segundo apunta a formación política a perda da neuróloga no centro hospitalario non fixo máis que engrosar as listas de agarda. A este respecto reclaman coñecer os datos reais e un plan para reducilas ata a súa eliminación e piden que o Pleno se posicione a favor da praza de neuroloxía no Hospital.

Por outra parte, por mor da pandemia provocada polo coronavirus, os Centros de Saúde, coma o de Sober, teñen limitado o aforo da sala de espera. Motivo polo que cando hai picos de afluencia, “como no momento de facer analíticas pola mañá, a xente ten que agardar fóra do edificio”; sinalan.

“Na contorna do Centro de Saúde de Sober non hai bancos nin suficientes espazos con sombra ou para cubrirse da choiva, polo que as agardas nos días de calor ou de mal tempo poden facerse moi difíciles, especialmente para persoas máis maiores.” A este respecto Agroma Sober pide ao concello e Xunta colaboren para mellorar no inmediato o entorno do Centro de Saúde, colocando bancos que permitan manter as distancias, zonas de sombra e antichoiva suficientes e marcas no chan para gardar as distancias interpersoais na agarda.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...