InicioPolíticaO PP esixe á Deputación a reparación de catro estradas provinciais en...

O PP esixe á Deputación a reparación de catro estradas provinciais en Carballedo

As vías en mal estado son as seguintes: LU-P 1001 (de A Barrela por Castro a Os Peares), LU-P 1002 (de A Barrela a Cartelos), LU-P 1004 (A Barrela-Os Peares) e LU-P 1010 (de A Touza á Granxa pola presa de Os Peares).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial do PP, Javier Castiñeira, xunto co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, concelleiros e numerosos veciños afectados, reúnense para poñer de manifesto o pésimo estado de catro vías neste municipio e esixir a súa reparación.

O alcalde, Yebra-Pimentel, sinala que o mal estado das estradas cuxa reparación esixen populares e veciños á Deputación non é unha cuestión opinable, senón un feito obxectivo, como o é, di, “que nunca estiveron en tal mal estado”. Destaca que a Deputación ten no municipio de Carballedo un total de 93 quilómetros de estradas e mantén que só, tempo atrás, se levaron a cabo traballos de mellora dos firmes mediante aglomerado en oito quilómetros. “E non se fixo máis, salvo arranxos puntuais para tapar algunha fochanca”. Na mesma liña que as catro asociacións que reclaman a reparación das estradas, o alcalde denuncia que polas deficiencias das infraestruturas se producen avarías nos vehículos.

Polo seu lado, o portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, que tamén estivo acompañado do alcalde de Palas de Rei e tamén deputado provincial, Pablo Taboada, sinala: “O grupo do Partido Popular apoia novamente un caso de reclamacións veciñais para mellorar o estado de estradas provinciais. Nesta ocasión son os veciños de Carballedo os que se queixan do mal estado das vías provincias 1001, 1002, 1004 e 1010, que unen este Concello do  sur da provincia con Chantada e os Peares. En total son máis de 50 quilómetros de estradas provinciais, que o presidente da Deputación, José Tomé, ten absolutamente abandonados, como corroboramos no día de hoxe”.

Castiñeira considera que “é penoso ver como as queixas dos veciños de Carballedo son desprezadas polo presidente da Deputación, que alega que non teñen sentido e que son  debidas unicamente a que se trata dun concello gobernado polo Partido Popular”. Afirma que novamente  se topa “co sectarismo do bipartito provincial, que os leva a catalogar  aos lucense segundo o color do seu goberno municipal”.

O portavoz popular destaca que “o PP de Lugo comprometeuse nesta visita cos veciños e co alcalde do municipio a levar unha iniciativa ao próximo pleno da Deputación, a celebrar neste mesmo mes, para demandar unha solución para estas estradas  do sur da provincia, nas que se demostra que  o goberno da Deputación desatende á zona rural e aos concellos pequenos”. Di que debido ao mal estado das vías provinciais “chegan á Deputación reclamacións por danos nos vehículos, que vemos  diariamente nos decretos de Presidencia; a mellor  solución para non recibir esas demandas é precisamente  ter as estradas en bo estado, que é o que demanda o PP e o que demandan os veciños de toda a provincia de Lugo”.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...