HomePolíticaOs socialistas do Incio non votan a favor do orzamento 2021

Os socialistas do Incio non votan a favor do orzamento 2021

O Grupo municipal do PSdG-PSOE optou pola abstención neste importante punto da orde do día do último Pleno celebrado o 29 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo socialista, actualmente na oposición, vén de comunicar que a súa abstención na aprobación dos orzamentos municipais para este 2021 baséase en varios motivos. Principalmente por non detallar o Plan Único que vai recibir o Concello do Incio o que supón nesta anualidade 291.113,03 euros, importe que xa é de coñecemento xeral logo da súa aprobación polo Pleno da Deputación. “Cando faltan menos de quince días para que o Concello teña que presentar a súa proposta na Deputación, debería contemplalo xa no orzamento municipal, especificando as cantidades que se van destinar a cada liña de actuación: SAF, emprego, obras, etc”, matiza a súa voceira Laura Celeiro.

Laura Celeiro, voceira PSdG-PSOE do Incio / Foto: L.C.

Outro detalle no que amosan o seu desacordo no orzamento do 2021 fai referencia á intención do concello de vender dúas vivendas municipais. Dende o Grupo Municipal do PSdG-PSOE entenden que non é o momento máis oportuno nestes momentos de gran incerteza e cando supoñen o único recurso que ten o Concello para atraer familias ao concello, máis se cabe cando “hai liñas de axudas da Xunta para prestar apoio aos municipios de menos de 20.000 habitantes, para que podan rehabilitar edificiacións e vivendas de titularidade municipal e as adxudiquen en réxime de alugamento para familias sen recursos”, engaden os socialistas.

Á marxe desta abstención, o PSdG-PSOE do Incio fan fincapé tamén no se voto en contra da ‘modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)‘. Neste punto o Concello introduce unha modificación na cota tributaria; por calquera licenza que se solicite haberá que pagar 50 euros. Antes da modificación, o Concello unicamente cobraba unha porcentaxe do 2,5 %. Xustifican o seu voto en contra entendendo que o custe non é proporcional ao importe da obra, pode provocar que os veciños/as deixen de pagalo por obras menores co conseguinte risco de feísmo, e tamén pensando que poidan diminuír as obras no concello.

Finalmente, e noutro dos puntos importantes da orde do día, manifestan o seu voto a favor da cesión en precario dun local do Concello a Correos. Aínda dando a súa aprobación matizan que non é a mellor opción poñer as oficinas do servizo de Correos no terceiro andar do edificio municipal habendo outras opcións máis axeitadas.

ÚLTIMAS

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...