HomePolíticaO PP de Monforte designa as funcións da súa executiva

O PP de Monforte designa as funcións da súa executiva

O PP de Monforte define as responsabilidades das persoas que constitúen a executiva local da formación despois da súa primeira reunión tralo congreso local no que os afiliados depositaron en Katy Varela a súa confianza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte contará con Víctor Manuel Rodríguez López como vicepresidente, José Luís Rodríguez Varela como secretario xeral e con Emilio Iván Vázquez Rodríguez como secretario de organización.

Foron designadas tamén as persoas que presidirán as distintas comisións relacionadas con diversos ámbitos de actuación. María Carmen Pérez Álvarez presidirá a comisión de Educación e Cultura; Lorena López López, a de Política Social e Igualdade; José Manuel Rodríguez Gómez, a de Afiliación e Participación; Ramón Sánchez Pérez a de Deportes; Fernando Olmo García, a  de Tráfico e Axenda Urbana; Jaime Antonio Domínguez Pereira, a de Urbanismo; Jaime López Álvarez, a de Sanidade; Manuel López Casas, a de Obras e Parques; José Manuel Rodríguez González, a de Turismo; Emilio Iván Vázquez Rodríguez, a de Medio Rural; José Luís Rodríguez Varela, a de Empresa e Comercio; e Milagros Fernández Rodríguez; a de Asociacións Veciñais.

A presidenta do PP monfortino, Katy Varela, asegura, “o que queremos é conformar comisións abertas e participativas das que formen parte afiliados, veciños e mesmo distintos membros da executiva local. O noso é un proxecto aberto a todos os que queiran traballar por Monforte”.

De forma paralela ao traballo das comisións centradas en cada un dos sectores de interese para Monforte, continuarán a desenvolverse reunións con entidades asociativas co obxectivo de “estar ao pé dos monfortinos para coñecer a súa realidade e desenvolver as accións que estean nas nosas mans para solucionar os seus problemas”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...