InicioSen categorizarOs "makers" da Mariña felices da utilidade da súa solidariedade

Os “makers” da Mariña felices da utilidade da súa solidariedade

Un grupo de doce persoas na bisbarra imprimiu en 3-D máis de 1.100 viseiras protectoras que abastecen a hospitais, centros de saúde e residencias na loita contra o coronavirus.

Publicado o

POR
Ramón González Rey
- Advertisement -

“As pantallas para traballar son unha marabilla”. “É unha iniciativa popular moi eficaz”. Son testemuños de sanitarios do Hospital Público da Mariña ou do centro de saúde de Cervo, que recibiron o froito do traballo do grupo de Coronavirus Makers da provincia de Lugo. Un total de 36 persoas -doce na comarca mariñá- adheríronse a este colectivo formado por 1.800 integrantes en Galicia que está a abastecer de viseiras impresas en 3-D, coa protección dunha lámina de PVC no frontal, aos profesionais da sanidade e dos servizos sociosanitarios que loitan contra a pandemia. Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...