HomeComarca de ChantadaA D.O. Ribeira Sacra, premiada na Cata dos Viños de Galicia

A D.O. Ribeira Sacra, premiada na Cata dos Viños de Galicia

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra tamén está a participar estes días no Mondial des Vins Extremes, no italiano Val d'Aosta.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado mes de xuño celebrouse a XXXI Edición da Cata dos Viños de Galicia, organizada pola Consellería do Medio Rural e os Consellos Reguladoras das Denominacións de Oribe Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra. Ás oito da tarde do xoves día 11 entregáronselles os premios correspondentes aos mellores viños deste certame.

Dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron tres os viños premiados. O Acio de Ouro ao mellor tinto da D.O. Ribeira Sacra foi para Casa Moreiras, de Casa Moreiras S.L. (Pantón). Pola súa parte, o Acio de Ouro en Viños Ecolóxicos foi para Abadía da Cova, de Adegas Moure S.A. (O Saviñao). Finalmente, o Acio de Ouro Tinto en Viños de elaboracións con madeira foi para Adega Vella Barrica, de Jorge Feijóo González (A Teixeira, Ourense).

Ademais, estes días a D.O. Ribeira Sacra está a participar no Mondial des Vins Extremes, celebrado no italiano Val d’Aosta. A este certame a D.O. presenta 51 mostras de 35 adegas, 44 de viños tintos e 7 de brancos. Trátase dun evento moi exclusivo, xa que só poden participar territorios de viticultura heroica, é dicir, aqueles nos que as condicións orográficas non permiten a mecanización, as condicións climáticas son adversas, os  viñedos atópanse en zonas xeográficas dun alto valor paisaxístico e están distribuidos en terrazas. En España as únicas denominacións participantes son Canarias, Priorat e Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...