HomesociedadeJavi Villa retírase en Chantada e gaña Adrián Rozados

Javi Villa retírase en Chantada e gaña Adrián Rozados

O asturiano foi o mellor da xornada do sábado, pero por un problema de motor decidiron retirarse, abrindo a porta a pilotos das categorías I e II.

Publicado o

- Advertisement -

O estradense, Adrián Rozados, co seu BRC B53, fíxose co triunfo final na 46 edición da Subida a Chantada, por diante de cántabro, Domingo Estrada, cun Silver Car S2 e do sueco, Christian Erik Broberg, e o seu Radical PR6.

Na Categoría II, Rozados foi ou gañador, superando a Christian Erik Broberg e á ibicenca Maria Pau Huget nun Talex M2+.  En turismos -Categoría III- resultou vencedor, José Antonio López- Fombona co seu Lamborghini Furacán.

No “Trofeo Escudería Chantada”, Adrián Rozados, tamén se fixo co triunfo, por diante do Mitsubishi Lancer Evolution VII do suízo Arnaud Murcia. O terceiro clasificado foi José Antonio Alonso Liste.

A subida a Chantada demostrou un ano máis a súa historia sobradamente consolidada nunha contorna única, na que preto de 10.000 persoas gozaron da cita do Campionato de España de Montaña.

Hehículo gañador Subida a Chantada / subidachantada facebook

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...