Sarria e Monforte melloran as súas estacións de autobuses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a adxudicación das obras de mellora das estacións de autobuses de Monforte de Lemos, Sarria, Burela, Ribadeo e Viveiro. Os traballos adxudicáronse por 658.966 euros e teñen un prazo de execución de catro meses. 

Estación de autobuses de Monforte / Nexotrans.com

As actuacións afectarán a elementos estruturais das estacións, como cubertas, paramentos e pavimentos, e tamén a outras dotacións e servizos, co obxectivo de corrixir deficiencias e mellorar a comodidade e funcionalidade das terminais.

Contémplanse melloras nas cubertas, o acondicionamento de instalacións eléctricas e de iluminación, a reparación de pavimentos, a realización de arranxos en aseos e falsos teitos das edificacións, o pintado de paramentos horizontais e verticais ou o amaño de cerramentos exteriores, así como reparacións de menor entidade segundo as necesidades detectadas en cada caso.

Tamén se inclúen melloras na dotación de equipamento, como pantallas para proporcionarlles ás persoas usuarias máis información sobre horarios, servizos e liñas dispoñibles, ou novo mobiliario para facer máis cómoda a espera.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here