HomesociedadeTardanza excesiva na extinción da velutina no sur de Lugo

Tardanza excesiva na extinción da velutina no sur de Lugo

Os avisos dos veciños ao 012 da Consellería do Medio Rural, alertando de niños de velutina, tardan máis dun mes en ser atendidos. Isto vén acontecendo desde o verán.

Publicado o

- Advertisement -

A tardanza de máis dun mes para que a empresa contratada pola Xunta acuda a erradicar os niños de velutina fai que moitos propietarios decidan eliminar os seus propios niños mediante a difusión de produtos insecticidas, a colocación de trampas artesanais, ou a queima destes niños.

As persoas que chaman ao 012 e despois de esperar semanas, non teñen solución ao seu problema, deciden actuar pola súa conta porque adoitan ser casos nos que o niño está próximo ás casas ou nas propias vivendas, ou ben próximos a zonas de horta ou de traballo agrícola, impedindo realizar a actividade cotiá no campo. Esta situación repítese nos concellos da zona sur como O Saviñao, Monforte ou Pantón.

Niño Velutina / Podemos O Saviñao

Podemos O Saviñao demanda máis rapidez no servizo e que se amplíe a información ao público sobre a evolución desta praga, “a súa forma de combatela da maneira máis eficaz posible, e o seu correcto tratamento sanitario en caso de picadura.”

Consideran fundamental ampliar os medios públicos, como o servizo de bombeiros e o 112 e que conten co apoio de empresas especializadas (012). Consideran que a escaseza de medios na zona sur “segue sendo un problema”e din non entender que o 112 non actúe directamente, “cando hai un verdadeiro perigo próximo a persoas que teñen as súas vivendas ou empresas, e que todo dependa da actuación dunha empresa privada con listas de espera.”

Erradicación niño de velutina / Podemos O Saviñao

Piden que se clarifiquen os protocolos de actuación do 112 e do 012 e propoñen utilizar redes sociais que os usuarios teñan unha canle de comunicación para enviar elementos fotográficos ou vídeos a estes servizos, “así clasificaríase mellor unha emerxencia”. Demandan tamén que se actualicen os datos dos últimos avances científicos cara aos usuarios e que se informe máis sobre as medidas a tomar en caso de picaduras. A este respecto cren que o SERGAS debería establecer recomendacións sanitarias, seguindo outros modelos europeos.

Podemos O Saviñao

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...