HomesociedadeXornada sobre emprendemento no IES A Pinguela de Monforte

Xornada sobre emprendemento no IES A Pinguela de Monforte

Este pasado 17 de decembro os/as alumnos/as dos ciclos de xestión administrativa e administración e finanzas coñeceron a experiencia, en relación a estes temas, de dous emprendedores.

Publicado o

- Advertisement -

A consultora empresarial María Traveso Lago, socia administradora de Promove Consultoría e formación SLNE, e o xoven empresario Xosé García Freire, de Casa da Fonte de Mañente -no Concello de Pantón-, foron os poñentes da xornada de emprendemento do Programa Actúa que impulsa a Subdirección Xeral de FP da Consellería de Educación e FP en colaboración co IGAPE.

María Traveso, administradora de empresa. Fonte: IES A Pinguela

As experiencias de María Traveso e Xosé García nas súas respectivas ‘aventuras empresariais’ trasladaron ao alumnado un punto de vista sobre a xestión e administración da empresa moi próximo natural. Aportaron, ademais, interesantes coñecementos prácticos e a visión de que o emprendemento é posible con ilusión, perseverancia e traballo.

Os/as alumnos/as dos ciclos medio de Xestión Administrativa e superior de Administración e Finanzas gozaron coa charla, aprenderon e participaron activamente amosando interese polos temas tratados dende a experiencia persoal destes dous emprendedores.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...