HomesociedadeO sur de Lugo prepárase para o cambio de frecuencias da TDT

O sur de Lugo prepárase para o cambio de frecuencias da TDT

Continúan activas, ata o próximo 30 de setembro de 2020, as axudas para o cambio de frecuencias da TDT sen custo nos municipios da provincia

Publicado o

- Advertisement -

O cambio de frecuencias de Televisión Dixital Terrestre en 58 municipios da provincia de Lugo empezaba o pasado 18 de setembro. O obxectivo é a liberación da banda de 700 MHz, que permitirá o despregamento das redes ultrarrápidas para móbiles 5 G. Galicia é a primeira comunidade autónoma na que se inician as actuacións do segundo Dividendo Dixital. As comunidades de propietarios deben adaptar as súas instalacións antes do 10 de febreiro.

Este cambio de frecuencias non implica a desaparición de ningunha canle nin a caducidade de ningún dispositivo electrónico, simplemente desprázanse as frecuencias e é necesaria a adaptación das instalacións colectivas de recepción de sinal.

Ata o 30 de setembro é posible solicitar as axudas, de entre 104,3 e 677,95 euros en función das instalacións, tras solicitar a factura correspondente aos profesionais que realicen as modificacións. Os municipios que aínda non empezaron o cambio de frecuencias, pero farano a principios de 2020, tamén cos custos subvencionados, son Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...