HomesociedadeAvanza a reparación da estrada da Ferrería no Incio

Avanza a reparación da estrada da Ferrería no Incio

A Xunta avanza nos traballos para reparar o treito da estrada LU-642, de acceso a Ferrería do Incio, afectado por un temporal de choiva.

Publicado o

- Advertisement -

Co temporal de choivas deste inverno desprazouse a plataforma dunha curva situada a media ladeira da estrada de titularidade autonómica LU-642, no treito entre a capitalidade do Concello do Incio e o núcleo da Ferrería, no punto quilométrico 21+400.

O importe desta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rolda os 200.000 euros, e considérase que as obras estarán rematadas a finais do mes de febreiro. Os temporais destas semanas imposibilitaron que as obras se levaran a cabo de xeito continuo.

Os traballos contemplan a restitución da plataforma da estrada modificando sensiblemente o trazado, de xeito que se desprace a calzada da ladeira inestable o máximo técnicamente viable. Isto é, escavando o noiro de desmonte sen afectar a súa estabilidade, e construíndo un muro de contención da plataforma na marxe oposta. Por último, segundo o proxecto definido polo Departamento de Infraestruturas da Xunta, procederase a repoñerse o firme da calzada e o sistema de contención de vehículos con barreiras de seguridade e a nova construción de cunetas revestidas de formigón para evitar futuras filtracións das augas ao terreo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...