HomesociedadeA candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade protagonista en FITUR

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade protagonista en FITUR

A D.O. Ribeira Sacra e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra participarán no acto, que este mércores ás 14.00 se celebra en FITUR, adicado á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade.

Publicado o

- Advertisement -

A cita será no stand de Galicia, contando coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural que se achegará ao estado no que se atopa a candidatura ante a UNESCO. O Presidente do Consorcio centrarase en dar a coñecer os dous ámbitos de actuación nos que vai a centrar a súas estratexias de produto:

  • Turismo familiar (oferta de escapismo)
  • Turismo de benestar (baños de bosque e outras propostas mindfulness)

Presidente e xerente levan consigo unha concorrida axenda de reunións e contactos cos que contan seguir avanzando no posicionamento de Ribeira Sacra baixo as premisas dunha xestión sustentable do xeodestino.

FITUR, a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica acollerá outra interesante cita, neste caso o venres 24 de xaneiro, no estand do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (9 C14). Ás 10.15 celebrarase a mesa redonda “Enoturismo, xerando valor nas zonas rurais”, organizada pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), en colaboración coa Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN).

O encontro servirá para expoñer aos profesionais o nivel de desenvolvemento alcanzado polo enoturismo e o seu enorme potencial para impulsar o desenvolvemento de numerosas zonas rurais. Comezando por unha contextualización sobre a situación do enoturismo na actualidade, a cita servirá para que os profesionais do turismo coñezan o elevado nivel e o potencial do enoturismo en España, deixando claro o seu carácter de produto experiencial e colaborativo, resultado da unión do prestixio das Denominacións de Orixe, do saber facer das adegas das súas zonas e da colaboración de múltiples axentes do territorio: administracións locais, establecementos de hostalería e outras iniciativas privadas.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...