HomesociedadeMonforte ten os peores datos de paro referidos a xaneiro na zona...

Monforte ten os peores datos de paro referidos a xaneiro na zona sur de Lugo

Dos 59 desempregados que suma o INEM na Comarca de Lemos, 52 localízanse no Concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Por comarcas, a Comarca de Sarria queda con 1.131 parados/as (+36), a Comarca de Chantada con 639 (+27), a de Quiroga queda cos mesmos que tiña, 285, tras compensar a subida de Quiroga e Ribas de Sil coa baixada de Folgoso do Courel; e finalmente a Comarca de Lemos na que, tras a subida en 59 o número de desempregados/as, queda con 1.636.

Por concellos, Folgoso do Courel pecha o mes de xaneiro cos mellores datos da zona sur ao baixar en 5 o número de inscritos no INEM. Detrás, O Saviñao e Carballedo salvan os mobles gañando, nos dous casos, catro afiliados á Seguridade Social. Pola contra, os peores números son para Monforte, con 52 parados/as máis neste pasado mes de xaneiro, Sarria que aumentou en 24, e Chantada e Taboada con subidas de 16 e 15 respectivamente.

DATOS DO PARO POR CONCELLOS

Na Comarca de Sarria os números quedan así: O Incio 45 desempregados/as (-1), Láncara 121 (+8), Paradela 45 (+2), O Páramo 38 (+3), Samos 37 (+1), Triacastela 31 (-1) e Sarria 814 (+24).

En Chantada: Carballedo 62 (-4), Taboada 110 (+15) e Chantada 467 (+16).

Na Comarca de Lemos: O Saviñao 152 (-4), Sober 111 (+1), Bóveda 61 (+3), Pantón 100 (+6), A Pobra do Brollón 75 (+1) e Monforte de Lemos 1.137 (+52).

Na Comarca de Quiroga: Ribas de Sil 58 (+2), Quiroga 182 (+3) e Folgoso do Courel 45 (-5).

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...