HomesociedadeA licitación as obras do Parque de Cobas en Monforte

A licitación as obras do Parque de Cobas en Monforte

As empresas poden presentar, antes do 3 de marzo, as súas plicas a este proxecto de mellora que ten un prezo de licitación de 229.782,61 euros (IVE incluído). 

Publicado o

- Advertisement -

Para levar a cabo o financiamento das obras do Parque de Cobas, o Concello asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo polo que o ente provincial asumirá o custe das obras e o Concello aboará os 4.840 euros correspondentes á redacción do proxecto e á dirección de obra. O prazo de execución das obras, unha vez adxudicadas e dende a sinatura da acta de replanteo, será de 5 meses.

O actuacións a desenvolver a carón do río Cabe e da lagoa da Pinguela rematarían co acondicionamento deste parque no que se veu traballando a través de diferentes obradoiros de emprego.

A zona acondicionarase facendo primeiro a regularización do terreo actual, rebaixando onde sexa necesario e reenchendo nas zonas en que tamén se precise, e a súa preparación para o sementado de céspede. Acondicionarase unha senda-paseo peonil na parte central do parque e crearase unha nova senda na zona oeste.

As sendas peonís serán de pavimento de xabre estabilizado con bordos de madeira, o mesmo material dos paseos que xa existen e que foron construídos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Nunha zona situada ó noreste da zona de actuación, colocarase unha varanda de madeira tratada, similar ás varandas xa existentes. Dotarase a toda a zona dunha instalación de alumeado público composta por columnas e luminarias tipo LED, con liñas de alimentación soterradas. Tamén se construirán dúas zonas de rocalla e arbustos ornamentais e colocaranse bancos de madeira e papeleiras.

Plano Cobas / Concello de Monforte

Condicións de licitación

  • Criterio de solvencia técnica-profesional: Deberán presentar certificados de boa execución por traballos da mesma natureza realizados nos últimos 5 anos, por un importe igual ou superior ó de licitación.
  • Criterio de solvencia económico-financeira: Os licitadores deberán ter un volume anual de negocio, nos últimos 2 anos, igual ou superior ó importe de licitación.

Ademais, deberase constituír unha garantía, polo prazo dun ano, por un importe do 5% do prezo de adxudicación que presenten, excluído o IVE. 

Criterios de adxudicación

Os criterios que valorarán os integrantes da mesa de contratación do Concello de Monforte para a adxudicación desta obra serán:

  1. Prezo: o prezo ofertado será valorado cun máximo de 80 puntos.
  2. Ampliación do prazo de garantía ata 1 ano con póliza de seguro de todo risco de construción: os licitadores poderán ofertar 1 ano de ampliación de garantía, a maiores da que deben ofertar, segundo as condicións de licitación. Esta mellora será valorada cun máximo de 20 puntos.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...