Sarria incentiva a participación no desfile de comparsas e carrozas

O Concello de Sarria vén de facer públicas as bases do concurso do desfile de Entroido que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro. O gasto total para este ano ascenderá a 6.050 euros.

Performance de entroido. Foto: XMF

A Concellería de Cultura de Sarria quere que o desfile de entroido de Sarria sexa un referente no sur de Lugo e anima á participación de veciñas e veciños, pero tamén a xente de fóra, para que o domingo 23 se enchan as rúas da vila de comparsas e carrozas.

A saída farase no barrio da Estación ás 17:00 h. e o remate terá lugar no Pavillón dos Institutos na Rúa Castelao, lugar onde se fará entrega dos premios.

A inscrición, que poderá facerse a través da páxina web e mediante o rexistro no propio Concello de Sarria, rematará o vindeiro día 20 de febreiro ás 12:00 h. Xunto co impreso de inscrición anexarase o D.N.I. e certificado de titularidade da conta bancaria onde se ingresará o pago das axudas e/ou premios.

Para participar diferéncianse dúas categorías, “adultos” e “infantil”, e dúas modalidades, “carrozas” e “comparsas”. Poden participar como carroza os grupos formados por máis de 3 persoas, con remolque ou plataforma na que podan subir polo menos o 50% dos integrantes da mesma. E serán comparsas os grupos formados por máis de 3 persoas que non entren na categoría de carrozas.

En canto aos premios acordáronse os seguintes:

Nº1 ADULTOS CARROZAS DE 15 OU MÁIS PARTICIPANTES

1º PREMIO: 600€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

2º PREMIO: 440€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

Nº2 ADULTOS CARROZAS DE MENOS DE 15 PARTICIPANTES

1º PREMIO: 350€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

2º PREMIO: 270€

Nº3 ADULTOS COMPARSA DE 15 O MÁIS PARTICIPANTES

1º PREMIO: 380€ (suxeito a retención  I.R.P.F)

2º PREMIO: 320€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

N º4 ADULTOS COMPARSA DE MENOS DE 15 PARTICIPANTES

1º PREMIO: 300€

2º PREMIO: 260€

Nº5 INFANTIL CARROZA

1º PREMIO: 400€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

2º PREMIO: 300€

Nº6 INFANTIL COMPARSA DE CENTROS EDUCATIVOS OU ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE SARRIA

1º PREMIO: 450€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

2º PREMIO: 360€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

3º PREMIO: 240€

4º PREMIO: 180€

N º7 INFANTIL COMPARSA

1º PREMIO: 260€

2º PREMIO: 210€

Nº8 FÓRA DA COMARCA

1ºPREMIO CARROZA 350€ (suxeito a retención do I.R.P.F)

1ºPREMIO COMPARSA 220€

Nº9 MELLOR DISFRAZ EN PARELLA INSCRITA: 100€

Nº10 MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL INSCRITO : 60€

GASTO TOTAL NO ENTROIDO 2020 : 6.050€

O xurado do concurso estará composto por “vogais”, representantes de diferentes asociacións e colectivos relacionados coa cultura local, e pola “secretaria”, persoa responsable da O.M.I.X. do Concello de Sarria. Está última terá voz pero non voto e certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here