HomesociedadeDeclarada a intervención da piscina municipal de Monforte se a concesionaria non...

Declarada a intervención da piscina municipal de Monforte se a concesionaria non cumpre o novo prazo

A concesionaria ten un prazo de 10 días, desde o luns, 24 de febreiro, para corrixir as deficiencias ou o concello executará a intervención, nomeando un interventor técnico.

Publicado o

- Advertisement -

O informe do Técnico municipal de Deportes constata as graves perturbacións do servizo da piscina municipal de Monforte, ocasionadas pola xestión empresarial. O informe de Intervención municipal constata que a empresa non aporta documentación que acredite fehacentemente o desequilibrio económico-financeiro que alega. Isto sumado ao informe de Contratación e Secretaría no que se propoñen as posibilidades xurídicas a ter en conta na solución deste problema, leva á Xunta Local de Goberno do Concello de Monforte de Lemos a adoptar o acordo de declarar a intervención do servizo de XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA, DOS SERVIZOS DE CAFETERÍA E DEMAIS INCLUÍDOS NA INSTALACIÓN, E DAS PISTAS DE TENIS MUNICIPAIS DA PINGUELA, ante as graves perturbacións do servizo ocasionadas pola xestión empresarial que leva a cabo o contratista.

A concesionaria ten un prazo de 10 días, desde o luns, 24 de febreiro, para corrixir as deficiencias ou o concello executará a intervención. Se transcorrido este prazo a empresa non normaliza a xestión da Piscina Municipal, o Concello procederá a nomear un interventor técnico que substitúa á dirección da empresa na Piscina polo prazo que determina a normativa vixente.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...