HomesociedadeSEA e Deputación colaboran para impulsar o crecemento empresarial da provincia

SEA e Deputación colaboran para impulsar o crecemento empresarial da provincia

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona catro polígonos industriais na provincia de Lugo, que suman máis de 870.000 metros cadrados; Monforte de Lemos, Chantada, Rábade e Mondoñedo.

Publicado o

- Advertisement -

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, abordou vías de colaboración co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, de cara a impulsar o desenvolvemento industrial da provincia, na que SEA xestiona catro parques empresariais.  Beatriz Sestayo e José Tomé comprometéronse a buscar sinerxias de traballo comúns que permitan impulsar e mellorar o desenvolvemento empresarial da provincia.

No polígono de Monforte, SEA conta cunha superficie bruta de 365.675 metros cadrados, cun 25% dispoñible, case 71.000 m2; o de Rábade con 323.160, o de Chantada con 111.791 metros cadrados, a ocupación alcanza o 91% do solo dispoñible, queda libre un espazo de 8.022 metros cadrados e o de Mondoñedo ten un total de 70.000 m2.

Suelo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade, Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo, Vilanova de Arousa e Catoira,  nos que se asentan máis dun cento de empresas.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...