Iniciosociedade17 de marzo, xornada de portas abertas na igrexa soberina de Pinol

17 de marzo, xornada de portas abertas na igrexa soberina de Pinol

Esta xornada técnica ten por obxectivo dar a coñecer as obras de restauración das pinturas renacentistas do templo. O horario de apertura do inmoble será de 11:00 a 18:00 horas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober e a Xunta de Galicia organizan esta xornada técnica na igrexa de San Vicente de Pinol co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía, as obras de restauración das pinturas murais do templo.

Ao longo da xornada, a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas ou grupos de persoas que amosen o seu interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance.

O pasado mes de outubro iniciáronse os traballo de restauración e está previsto que rematen de xuño. O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo conta cun investimento de 109.021 euros. As obras están cofinanciadas pola Unión Europea a través de fondos FEDER. A empresa encargada de levalos a cabo é BABELIA CRBC S.L.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar nesta xornada de portas abertas que permitirá ver “por vez primeira” a totalidade das pinturas renacentistas ao descuberto, “unha auténtica obra mestra na Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...