Homesociedade16 positivos por COVID19 no CAPD de Sarria

16 positivos por COVID19 no CAPD de Sarria

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) no municipio de Sarria rexistrou 16 casos positivos por coronavirus COVID-19; segundo información da Consellería de Política Social. A maioría das persoas infectadas, 9, son traballadores; e 7 usarios.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, confirmou a Europa Press que “todas as persoas atópanse asintomáticas polo momento”. O rexedor afirma que “desde a Xunta de Galicia, titular do centro, xa se están tomando as medidas oportunas para controlar o brote”.

Os traballadores do centro esixen, tras coñecerse estes casos positivos, a realización dun maior número de probas de coronavirus para coñecer o alcance da infección. Garrido afirmou que na xornada deste martes “producíronse labores de desinfección no CAPD”, pero indicou que descoñece como está a situación no interior do centro.

No resto de centros de atención a persoas con discapacidade no sur da provincia, mantense o caso detectado na Vivenda Tutelada Agora en Monforte. En Galicia, nestes centros, hai diagnosticados de COVID19, 37 usuarios e 31 traballadores.

Nas residencias de anciáns, o número de casos detectados a nivel galego é de 393 usarios afectados e 128 traballadores. Na zona sur cóntase con 4 casos activos na DomusVi Monforte (dous traballadores e dous usuarios), 2 casos na de Chantada (1 usuario e 1 traballador). Na contorna contaríase tamén coa residencia de Castro Cadelas na que hai 9 persoas persoas con COVID19 -6 internos e 3 traballadores- e 2 xa faleceron.

ÚLTIMAS

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...