IniciosociedadeOs traballadores das residencias queren saber se son un perigo para os...

Os traballadores das residencias queren saber se son un perigo para os demais

A incidencia que está tendo o COVID19 nas residencias de anciáns segue sendo un dos principais puntos de preocupación nesta crise sanitaria. Noticias como as dos últimos días, nas que se confirmaban ducias de casos nas residencias pontevedresas de Barreiro e Aldán e que levaron á súa intervención pola Xunta, contribúen a aumentar a alarma sobre os centro de maiores.

Publicado o

- Advertisement -

A DomusVi conta con dúas residencias na zona sur de Lugo, a de Monforte e Chantada. Na primeira, os datos oficiais dan 4 casos activos (dous traballadores e dous usuarios) e na de Chantada 2 (1 usuario e 1 traballador). A aparición de casos nestes centros incrementa a tensión, aínda máis.

No caso da residencia de Chantada, os dous casos están asintomáticos; o traballador fai o confinamento na súa vivenda e o paciente está en confinamento no centro, xunto cos pacientes cos que tivo contacto. Desde a residencia aseguran que seguen en todo momento os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, “Actuamos en base ao que nos dín as autoridades sanitarias e resultado da coordinación dos centros”.

A residencia de Chantada conta con 200 persoas internas e unha plantilla de 85 traballadores. Nos últimos días déronse varias baixas entre o persoal, principalmente por ser poboación de risco ou por prevención, ao ter estado en contacto co COVID nun entorno alleo á residencia. Desde a dirección do centro agradecen o esforzo que están facendo os traballadores nesta situación de crise e tensión. “Os traballadores están dando a vida. É de agradecer e satisfactorio ver como traballamos todos a unha por un obxectivo común. Facemos todos de todo e necesitamos todos de todos. Os nosos maiores non se viron con carencias de ningún tipo, nin de atención médica, nin de medicación, ni de afecto, de nada. E iso é un traballo de todos.”

Os traballadores piden que se lles fagan test para garantir a seguridade de todos

Conscientes disto, os traballadores da sanidade e de servizos sociais demandan que se lles fagan os test a todos os traballadores, ao entender que é a única medida eficaz para previr máis contaxios entre o personal e os residentes.

Na residencia de Chantada, xestionada pola firma privada DomusVi, o comité de empresa solicita ás autoridades sanitarias que se lles fagan as probas a todos os traballadores. “É o mellor  modo de reducir o risco de novos contaxios. As autoridades sanitarias teñen que implicarse máis pola altisima incidencia que se produce nestes centros”

Soidade do ancián / cuidateplus.marca.com

O COVID19 pode cursar como caso asintomático e non manifestar síntomas, por iso é importante que os traballadores deste tipo de centros estean descartados como infectados, porque do contrario poderían estar axudando a espallar o coronavirus entre a principal poboación de risco, e entre os propios traballadores, necesarios para seguir cumplindo a súa función, máis necesaria que nunca. Segundo o protocolo, os test fánselles ás persoas que presentan síntomas, pero os profesionais que desempeñan estas funcións necesitan saber se son ou non, un perigo para os demáis.

E mentres estes traballadores seguen dándoo todo por axudar e facer que a vida nos centros sexa o máis agradable posible; os maiores, como usuarios e cidadáns, cumpren as súas funcións e colaboran no cumprimento das normas, “Os nosos maiores están colaborando moi ben, xa non se relacionan da mesma maneira que antes, non teñen partidas, pasan máis tempo nas habitacións, saen ao xardín seguindo as orientacións que se lles deron. Están desconcertados, como todos, pero xa fai tempo que saben que aínda que sairan á rúa non hai nada aberto.”

Máis información sobre residencias e centros do sur da provincia afectados polo coronavirus  no Xornal de Lemos.

Residencia DomusVi Chantada / Foto Cedida

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...