IniciosociedadeMonforte apraza o pago de impostos

Monforte apraza o pago de impostos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia modificacións no período voluntario de pago tanto da taxa de lixo do primeiro bimestre de 2020 como do período voluntario de pago do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, cambios que se producen por mor do estado de alarma declarado polo Goberno do Estado a raíz da pandemia do COVID-19.

Publicado o

- Advertisement -

No Concello de Monforte de Lemos, o 13 de abril era o día en que estaba previsto que se iniciase o período voluntario de pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), que se estendería ata 14 de xuño. En canto á taxa pola recollida de lixo do primeiro bimestre de 2020, o seu inicio estaba previsto o día 27 de abril e ata o 29 de xuño.

Sen embargo, “dada a situación de excepcionalidade que estamos a vivir por mor da crise do coronavirus”, informa o Alcalde de Monforte, “dende o Equipo de Goberno creemos axeitado modificar o período voluntario de pago tanto da taxa do lixo correspondente ó primeiro bimestre deste ano 2020 como do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do exercicio 2020”.

No decreto queda establecido o pago, tanto na taxa do lixo como para o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2020, con base no disposto no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de que calquera das datas indicadas sexan coincidentes cun día festivo, trasladaranse as mesmas ó día hábil posterior.

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...