7 nun vehículo e un peón solicita proba de alcoholemia despois de comida familiar

A Garda Civil continúa cos dispositivos operativos nas vías públicas para garantir o cumprimento das medidas de restrición á circulación.

Punto de control G.C. / Garda Civil

A Garda Civil de Lugo mantén os puntos de verificación de persoas e vehículos nas vías públicas co obxectivo de garantir tanto a seguridade viaria, como para velar polo cumprimento das limitacións á circulación das persoas no vixente estado de alarma decretado con motivo do COVID-19.

O pasado día 15 sobre as 17:45 horas, no termo municipal de Monforte de Lemos, á altura do quilómetro 626,500 da estrada N-120, axentes da Garda Civil procederon a identificar o condutor e ocupantes dun monovolume, observando os axentes que o devandito vehículo circulaba coa totalidade dos asentos dispoñibles ocupados, é dicir, con sete persoas no seu interior. Ditas persoas regresaban ao seu domicilio tras finalizar a súa xornada laboral, aínda que o modo no que viaxaban contravén o establecido para realizar desprazamentos no actual estado de alarma, ao non garantirse deste xeito as condicións sanitarias establecidas para evitar o contaxio do COVID-19, motivo polo que se confeccionaron os preceptivos oficios denuncia para a súa remisión á autoridade competente.

Ás 20:55 horas desa mesma tarde, nun punto de verificación na localidade de Sarria, concretamente no punto quilométrico 26, da estrada LU-546, presentouse no lugar un peón que solicita que se lle practicase unha proba de alcoholemia. Ao ser preguntado polos motivos da devandita solicitude alegou que os vía desde o seu domicilio e que como tivera unha comida familiar quería saber a taxa de alcoholemia para calcular canto podería beber cando tivese que conducir. Ante esta situación, os axentes procederon, en primeiro lugar a informarlle que o seu requirimento non se atopaba entre os motivos regrados para a realización da devandita proba, á vez que se lle fixo entrega dunha peza reflectora para mellorar a súa visibilidade. A continuación fíxoselle saber que o seu desprazamento ata o lugar non se atopaba dentro das causas permitidas no vixente estado de alarma, polo que se poñerían en coñecemento da autoridade competente o acaecido ao considerar que os feitos puidesen ser constitutivos dunha infracción administrativa. Finalmente convidárono a regresar ao seu domicilio e cercioráronse de que así o facía.

A Garda Civil lembra a obrigación de todos os cidadáns de restrinxir os seus movementos a aqueles autorizados, e nas condicións taxadas, no estado de alarma decretado o pasado día 14 de marzo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here