HomesociedadeCurados 7 traballadores do CAPD de Sarria e Monforte volve a 0...

Curados 7 traballadores do CAPD de Sarria e Monforte volve a 0 hospitalizados

O CAPD de Sarria que tiña 8 usuarios infectados e 11 traballadores, anuncia a curación de 7 deles.

Publicado o

- Advertisement -

A provincia conta con 614 casos activos de coronavirus, 4 máis ca onte. Deses casos, 7 están na UCI, e menos ca onte e 28 en hospitalización, 2  dos hospitalizados están no Hospital Público da Mariña, 5 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

O Hospital Comarcal de Monforte, segundo os últimos datos, volve a recuperar a ausencia de hospitalizados por Covid19, despois de levar 5 días sen casos activos e de que o luns ingresara un varón de 91 que falecía pouco depois, e este martes unha muller con Covid19 positivo.

579 persoas están na casa como casos activos de Covid19, 4 máis ca onte. Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 125 altas por coronavirus.

Os casos activos das residencias de maiores na zona sur mantéñense e nos centros de ateción a persoas con discapacidade, o CAPD de Sarria que tiña 8 usuarios infectados e 11 traballadores, anuncia a curación de 7 deles.

E segundo confirma o Sergas, no Hula déuselle esta mesma mañá a alta a unha centenaria que se convertiu na persoa de máis idade recuperada de COVID-19 na provincia.

En Galicia, o falecemento doutras tres persoas en residencias de maiores elevou a 475 o número de vítimas mortais do coronavirus (107 en residencias, 367 en hospitais e outra persoa na súa casa, onde recibía atención hospitalaria a domicilio).

Proba de COVID19 | ALX

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...