HomesociedadeMonforte inicia o reparto a domicilio de máscaras

Monforte inicia o reparto a domicilio de máscaras

Ás 8:30 horas tivo lugar unha reunión no Casa Consistorial na que participaron membros do Equipo de Goberno, do Servizo de Atención á Cidadanía e o equipo encargado de levar a cabo este reparto, integrado por empregados públicos municipais.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, 27 de abril, púxose en marcha o operativo mediante o que se repartirán nos vindeiros días, tanto na cidade de Monforte como nas parroquias que pertencen a este Concello, as 70.000 primeiras máscaras sanitarias, co obxectivo de facilitar novas medidas de prevención e contención do Covid-19.

Na reunión desta mañá déronse a coñecer ás instrucións a seguir por parte do equipo de reparto á hora de entregar as correspondentes máscaras á cidadanía. Aínda que inicialmente valorouse comezar o reparto seguindo a orde alfabética das rúas, finalmente decidiuse levar a cabo un reparto por zonas estratéxicas da cidade, coa finalidade de conseguir un reparto máis efectivo e rápido. Deste xeito, asignouse a cada traballador municipal encargado do reparto un número de rúas e habitantes concreto, seguindo criterios de proximidade zonal entre rúas e abarcando así de modo simultáneo todas as zonas da cidade así como as parroquias.

kit de reparto / Concello de Monforte

O protocolo previo á entrega de 3 máscaras asignadas a cada persoa censada contempla unha comprobación inicial por domicilio dos datos de cada veciño a fin de confirmar a súa inclusión no Padrón Municipal.

Nesta xuntanza, cada persoa encargada do reparto, foi dotada de diversas medidas de protección necesarias para non poñer en risco nin a súa saúde nin a da cidadanía. A tal efecto,  os equipos de protección (EPI’s) entregados están compostos de buzos, mascarillas homologadas, pantallas faciais de protección, luvas e solución hidroalcohólica.

Ás 9:30 horas deu comezo o operativo de reparto que terá horario de 9:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...