IniciosociedadeDo primeiro falecido por Covid19 na provincia a case 3 semanas sen...

Do primeiro falecido por Covid19 na provincia a case 3 semanas sen hospitalizados

A localidade monfortina foi a que rexistrou o primeiro falecido con COVID-19 na provincia de Lugo. Pero o día 15 de abril tamén se convertía no primeiro hospital galego sen hospitalizados por Covid19.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, 4 de maio, a provincia de Lugo conta con 223 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 5 están na UCI, 2 na Mariña e 3 no Hula; e 6 en hospitalización, igual ca onte. Dos hospitalizados 3 están no hospital Virxen do Ollos Grandes, 1 no Hospital da Mariña e 2 no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 22 de abril sen hospitalizados por Covid19.

A localidade monfortina foi a que rexistrou o primeiro falecido con COVID-19 na provincia de Lugo. Pero o día 15 de abril tamén se convertía no primeiro hospital galego sen hospitalizados por Covid19. O 20 de abril ingresaba un home de 91 anos e falecía ás poucas horas, foi contabilizado como caso Covid19 por telo padecido, pero faleceu por causas alleas ao coronavirus. Polo demais este centro leva sen hospitalizados por coronavirus desde aquel día 15.

212 persoas están nos seus domicilios, 1máis ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 616 altas; 1 máis ca onte.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables.

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en 131 con respecto ao domingo e sitúanse en 3.056, o que supón un descenso do 4%, mentres que os pacientes curados aumentaron en 159 ata os 6.234.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...