HomesociedadeA residencia de Taboada queda libre da Covid19

A residencia de Taboada queda libre da Covid19

Nesta semana véñense de facer de novo as probas e os 5 usuarios e 3 traballadores da residencia de maiores de Taboada deron negativo na Covid19; quedando o centro libre de coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

A residencia de maiores O Meu Fogar, do concello de Taboada, detectaba un brote de coronavirus nas súas instalacións con oito infectados o día 22 de abril. Nesta semana véñense de facer de novo as probas e os 5 usuarios e 3 traballadores da residencia de maiores de Taboada deron negativo na Covid19; quedando o centro da Fundación San Rosendo libre de coronavirus. Todos os test rápidos que se teñen feito ata a data entre a poboación deste concello están dando negativo en coronavirus. 

Residencia Taboada / Fundación San Rosendo

No resto de residencias de anciáns da zona sur os casos activos mantéñense estables, se ben deuse unha nova curación nun traballador da residencia de Castro Caldelas, onde seguen 4 traballadores infectados.

Nos centros de atención a persoas con discapacidade comunícase tamén a curación dun usuario da Domusvi de Bóveda. Este centro conta aínda con 12 usuarios infectados e 7 traballadores.

Por outra banda, o número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou en 11 nas últimas horas, ata situarse en 2.808, o que supón un descenso do 0,39 por cento, segundo os datos trasladados este mércores pola Consellería de Sanidade.

As mesmas fontes comunicaron que, do total de casos, 781 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 658 coa área da Coruña, 462 correspóndense coa área de Ourense, 455 son da área de Santiago, 166 da área de Lugo, 160 da área de Pontevedra e 126 da área de Ferrol.

Por outra banda, tamén se notificou un incremento no número de pacientes curados, que pasan de 6.561 a 6.802 (241 persoas máis), así como unha baixada no número de pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), que se reducen en 7, ata os 30.

 

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...