HomesociedadeBóveda celebra este día 14 o mercado de Rubián

Bóveda celebra este día 14 o mercado de Rubián

O Concello de Bóveda anuncia a celebración este xoves do mercado de Rubián, que se levará a cabo na nave aberta.

Publicado o

Confirmaron a súa presenza varios postos de polbo e tamén produtores agroalimentarios de verduras, hortalizas e queixos, entre outros.
O polbo poderase degustar na propia nave ou levalo para a casa. Haberá mesas separadas para poder comelo alí.
O Concello agradece a colaboración dos veciños e veciñas aos que lles pide responsabilidade á hora de participar na feira.
É importante manter as distancias de seguridade e facer un uso axeitado da máscara e das luvas, así como seguir as indicacións que fixen os vendedores. A feira desenvolverase no seu horario habitual

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...