HomesociedadeO Concello de Folgoso do Courel convoca axudas para material escolar

O Concello de Folgoso do Courel convoca axudas para material escolar

O Concello de Folgoso do Courel convoca axudas para a adquisición de material escolar dirixidas ás familias empadroadas e con residencia efectiva no municipio que teñan fillos ou fillas matriculadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria e Secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra durante o vindeiro curso 2020/2021.

Publicado o

- Advertisement -

O orzamento municipal para este 2020 aprobado de forma definitiva o 9 de maio contempla aplicacións orzamentarias que ascenden a un total de 1.100 euros para as axudas ao alumnado de Educación Infantil e outros 1.100 euros para o alumnado de Primaria ou Secundaria. Con todo, as contías previstas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

As solicitudes poderán realizarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de nove da mañá a dúas do mediodía cumprimentando o modelo oficial subscrito acompañado da documentación requirida: fotocopia do libro de familia, fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade e certificado do centro que acredite os estudos cursados, declaración responsable de estar ao corrente das distintas obrigas tributarias, datos bancarios e facturas xustificativas da compra do material nas que figure o nome do solicitante e do neno ou nena beneficiaria.

Abrirase o prazo de solicitude despois do verán (informaremos coa data) e rematará o 15 de novembro. Se alguén compra xa material o Concello recomenda gardar as facturas.

Máis axudas

Ademais, o Goberno local establece neste Orzamento varias subvencións nominativas que destinan 500 euros a actividades complementarias e extra escolares do CPI Uxío Novoneyra e 2.500 euros para as actividades da Asociación de Pais e Nais de Alumnos.

Estas axudas veranse complementadas con subvencións de apoio á natalidade e con axudas ao transporte destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudan fóra do termo municipal (Bacharelato, FP ou universidade).

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...