HomesociedadeNovos pasos para a creación do selo de calidade aceite de Quiroga

Novos pasos para a creación do selo de calidade aceite de Quiroga

Publicado o

- Advertisement -

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, desprazouse a Quiroga para manter unha xuntanza de traballo co seu alcalde. O obxectivo da visita foi coñecer in situ as posibilidades que ofrece este municipio na elaboración de aceite e, así, seguir traballando na creación dun selo de calidade para este produto.

O director sinalou que a solicitude está moi avanzada e que falta pulir algúns aspectos fundamentais para que a Comisión Europea acepte a proposta desta denominación de orixe protexida Aceite de Quiroga. Manuel Rodríguez confía nas características deste produto e no gran traballo que están a facer entre os técnicos da Agacal e o persoal do concello.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...