HomesociedadeIgualdade e violencia de xénero a debate en Sarria

Igualdade e violencia de xénero a debate en Sarria

A candidata por Lugo e coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella, acompañada do voceiro popular en Sarria, José Antonio García, abordou cunha vintena de mulleres rurais da zona a xestión e o desenvolto dende área que dirixe en materia de conciliación, igualdade e violencia de xénero.

Publicado o

- Advertisement -

A xuntanza de traballo enmárcase na rolda de contactos que Susana López Abella está a levar a cabo por toda a provincia co fin de recoller as propostas das asistentes e explicar en primeira persoa cales os eixos de actuación levados a cabo dende que Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta de Galicia en 2009, así como as principais axudas concedidas. En total, preto de 130 millóns de euros cos que se prestou atención ás vítimas, se reduciu o seu desemprego, se crearon centros de acollida ou se mellorou a conciliación laboral e persoal.

A popular detallou que, dende ese ano, se destinaron máis de 43 millóns de euros a axudas para mulleres vítimas da violencia de xénero; case 2 millóns á atención psicolóxica tanto para este colectivo como para os menores; 2,6 millóns ao programa Rede Galega de Acollemento, a través do que se presta atención ás Casas de Acollida de Lugo Burela e Chantada; case 50 millóns á axudas en entidade locais para a promoción de igualdade; máis de 9 millóns para o Programa Emega, do que se beneficiaron máis de 700 mulleres e se crearon 1.275 empregos; máis de 6,3 millóns para a conciliación laboral e persoal; máis de 13 millóns a subvencións para entidades de iniciativa social para mulleres en situación de vulnerabilidade e preto de 3 millóns para axudas ao fomento do asociacionismo feminismo.

Ademais, sinalou López Abella, “a Xunta tivo un papel moi sinalado no marco lexislativo e na creación de distintos observatorios, cos que podemos dicir, que Galicia dispón dun marco orgánico e legal que ampara esta lacra”. Como é o caso da modificación da Lei Galega de Violencia de Xénero; a creación do I Plan de Igualdade no ámbito educativo; diferentes campañas de prevención e convenios con asociacións; a posta en marcha de maneira pioneira en España da asistencia integral dos orfos vítimas da violencia de xénero; ou a creación da primeira vivenda tutelada especializada para mulleras vítimas da violencia con enfermidade mental.

“Foi un encontro moi construtivo e participativo, no que escoitamos ás asistentes e explicamos tamén a importancia da coeducación e dos recursos que creamos dende a administración autonómica para formar e informar sobre estas cuestións e, sobre todo, para axudar a afrontar a crise sanitaria que nos deixa a pandemia. O Goberno de Galicia adiantouse na xestión do coronavirus, iso é indubidable, pero tamén o fixo no campo que me toca xestionar, e fixémolo con medidas como a indicada”, concluíu López Abella.

ÚLTIMAS

A accesibilidade á vivenda inflúe na man de obra que chega á Ribeira Sacra

Este 20 de novembro desenvolvíase o I Foro de Emprego Ribeira Sacra que promove...

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria,...

Pase de outono de ‘Vendaval’, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra

Vendaval, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra, comezou este xoves, 20 de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato...