Homesociedade44 casos activos de Covid19 na provincia con 5 máis ca onte

44 casos activos de Covid19 na provincia con 5 máis ca onte

Galicia conta con 312 casos activos de Covid19, deles 44 corresponden á provincia de Lugo con 5 casos máis ca onte, dos que 3 corresponden ao rebrote da Mariña; o resto son casos illados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 29 de xuño, a provincia de Lugo conta con 44 casos activos de coronavirus, 5 máis ca onte. 3 deles corresponden ao brote de Covid-19 da comarca da Mariña, que pasa de 22 a 25 infectados. Os outros dous novos casos son casos illados.

Segundo fontes do Sergas, o número de probas realizadas a contactos das persoas infectadas “supera as 300“. A Consellería de Sanidade sostén que os focos localizados en Xove e Burela “teñen relación entre si”, polo que os considera de forma conxunta.

Dos 44 casos totais na provincia, 2 están en hospitalización, un deles no HULA e o outro no Hospital Público da Mariña. Os 42 restantes están confinados nos seus domicilios. Desde o inicio da pandemia na provincia lévanse producido ​​28 falecementos e 922  altas/curados de Covid19.

En Galicia cóntase con 312 casos positivos, 131 corresponden á área de Vigo –uno menos que este domingo–; 71 á da Coruña e Cee –uno menos–; 24 á de Santiago e Barbanza –uno menos–; 22 á de Ourense –sen cambios–; 44 á de Lugo –cinco máis–; 11 á de Ferrol –igual que hai 24 horas– e nove á de Pontevedra –sen cambios–.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...