HomesociedadeA Mariña aumenta cada día os infectados por Covid19, a provincia suma...

A Mariña aumenta cada día os infectados por Covid19, a provincia suma xa 64 casos

Este xoves, 2 de xullo, a provincia de Lugo conta con 64 casos activos de coronavirus, dos que 47 correponden á Mariña, con 12 casos máis ca onte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dos 47 positivos da Mariña, a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Polo de agora, o número de ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña mantense. As dúas persoas hospitalizadas relacionadas co brote fican en planta e con evolución “favorable“, segundo a Consellería de Sanidade, mentres o HULA mantén outro ingresado.

O primeiro caso de infección por Covid-19 no rebrote da Mariña detectouse, segundo a Consellería de Sanidade, na tarde do martes 23 de xuño, nun núcleo familiar do concello de Xove. Ao longo dos últimos días aumentou a cifra de contaxiados segundo se foron realizando probas aos contactos dos primeiros infectados, con tres focos principais nos municipios de Xove, Burela e Foz.

E o rebrote da Mariña podería ser a orixe dun novo caso en Asturias onde o presidente do Principado anunciaba este xoves o primeiro caso de coronavirus en 20 días.

61 dos diagnosticados na provincia pasan o confinamento en domicilio, mentres a provincia contabiliza xa 1.017 casos desde a orixe da pandemia, entre altas e falecementos. O Sergas informa en Galicia de 317 casos positivos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...