HomesociedadePáxina web Salvemos o Malecón ante a preocupación dos monfortinos por conservar...

Páxina web Salvemos o Malecón ante a preocupación dos monfortinos por conservar este espazo

Na web, a plataforma informa de que son un movemento cidadá que xorde diante da preocupación da veciñanza por preservar un dos lugares máis emblemáticos e queridos da cidade "amosando a nosa total desaprobación ante a construción dunha xigantesca ponte destinada ao tráfico no Paseo do Malecón, por considerar que non é necesaria e que desvirtuaría o valor desta zona de xeito irreversible."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma cidadá “Salvemos o Malecón” informa á veciñanza de Monforte de Lemos da recente creación e publicación da páxina web www.salvemosomalecon.org.

Nesta web, os internautas poderán coñecer os obxectivos da plataforma, coñecer polo miúdo os detalles do proxecto gañador do concurso convocado polo Concello de Monforte así como os argumentos a favor da ponte expostos polo equipo do goberno e as propostas plantexadas pola plataforma “Salvemos o Malecón. 

Do mesmo xeito, dende esta web teñen tamén a posibilidade de unirse ao grupo de facebook e incluso asinar a recollida de sinaturas creada en change.org para tal efecto.

Mellorar os nosos hábitos

A Plataforma tamén recolle nesta web a súa proposta: “A alternativa ao peche de tráfico pola Ponte Vella pasa por facer un uso máis responsable dos medios de transporte en Monforte, sen necesidade de construír novas e costosas infraestruturas de acceso ao tráfico, e moito menos na fermosa zona do Malecón.

Consideramos que o tráfico debe ser redistribuído de xeito intelixente e, a súa vez, acondicionar novas zonas de aparcamento nas áreas próximas ás rúas do centro da vila. Deste xeito, para acceder ás rúas céntricas, a mellor solución sería aparcar o coche con máis facilidade e atravesar as pontes peonís existentes, mellorando en todo caso a accesibilidade da actual pasarela de madeira.

Por outra banda, para seguir chegando en coche ás rúas próximas á ubicación da ponte proxectada, bastaría con reconducir o tráfico por percorridos alternativos como a circunvalación. Adicionalmente, pensamos que existe marxe de mellora na reorganización dos sentidos de diferentes rúas (como poden ser Santa Clara ou Hortas), de modo que se poderían optimizar recorridos, tanto en tempo como en distancia e fluxo de vehículos.

Neste modelo de vila que propoñemos poden encaixar outras medidas encamiñadas a un uso máis eficiente e saudable do transporte, como por exemplo, a recente incorporación da liña de bus urbano, gratuito e adaptado a persoas con movilidade reducida.”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...