HomesociedadeCaligramas de Uxío Novoneyra nunha colección de Zara

Caligramas de Uxío Novoneyra nunha colección de Zara

O Concello de Folgoso do Courel felicita á Fundación Uxío Novoneyra porque os caligramas do poeta se coñecerán a nivel mundial grazas á nova colección de ZARA, que ademais leva o seu nome.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Din os sonos i os paxaros. A morte non é certo!”.  É o poema de Uxío Novoneyra escrito en 1959 que forma parte do estampado dunha camisa e dun gorro que distribúe a marca Zara, do xigante Inditex. 

Con todo, e segundo informan a Galicia Confidencial, o modista italiano autor desta prenda non sabía que se trataba dun poema de Novoneyra. “Pensou que se trataba dun caligrama futurista, gustoulle para o estampado dunha camisa e dun gorro que deseñara e decidiu utilizalo”, contan. A camisa custa 19,95, mentres que o gorro está a 12.95.

Desde o concello do Folgoso do Courel consideran que esta colección axudará a que máis xente coñeza a Uxío Novoneyra e tamén o Concello de Folgoso do Courel, as montañas e o Xeoparque. As prendas xa están dispoñibles na web zara.com 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...