HomesociedadeBóveda rehabilitará o conxunto etnográfico do Souto

Bóveda rehabilitará o conxunto etnográfico do Souto

A intervención suporá a recuperación da Ponte de Bóveda e do Camiño do Souto, na contorna do Río Mao. O proxecto suporá un investimento de 33.899 euros, dos que o GDR Ribeira Sacra-Courel financia 28.373 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda vén de recibir unha axuda do GDR Ribeira Sacra-Courel para a mellora de infraestruturas turísticas que destinará á rehabilitación do conxunto etnográfico do Souto; en concreto, á recuperación da Ponte de Bóveda e do Camiño do Souto, na contorna do río Mao.

O obxecto da intervención céntrase na Ponte de Bóveda e no Camiño do Souto, ambos elementos deteriorados polo paso dos anos e absorbidos pola vexetación. 

Nos anos 70, coa construción nas inmediacións do Colexio Público decídese eliminar os vargos e as vigas da ponte para que os nenos non caeran ao río cando medraba o caudal, o que trouxo consigo unha ponte inutilizada e un camiño abandonado.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explica que a intervención “pretende poñer en valor estes dous elementos e recuperar esta contorna privilexiada para o uso público”.

As obras

A intervención que se propón consiste, dunha banda, na roza e acondicionamento do camiño e da súa contorna, consolidando muros e pavimentos mediante a recolocación das pedras do entorno e achega de xábrego no fondo do camiño, así como recompoñer algunha parte que estea calzada.

Na ponte a actuación consiste en repoñer a estrutura orixinal mediante vigas en bruto, unicamente careadas pola parte superior a fin de asentar os vargos orixinais. A maiores é preciso consolidar o arcos e a base da ponte , e tamén dispoñer unha varanda de protección.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...