HomesociedadeAmplíase o prazo das obras do colexio Torre de Lemos de Monforte

Amplíase o prazo das obras do colexio Torre de Lemos de Monforte

A Fundación Educativa Torre de Lemos terá ata o 30 de setembro para rematar os traballos de substitución do pavimento do patio do centro, fin para o que recibiu 22.500€ da institución provincial

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou coa representante da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte, María Esther Rodríguez, a modificación do convenio entre ambas entidades para ampliar o prazo de execución das obras de reforma do patio interior deste colexio, retrasada polo Estado de Alarma, así como para a xustificación da subvención de máis de 22.500 euros que a institución provincial lle concedeu para tal fin.

Coa sinatura da modificación do convenio, a entidade xestora do colexio monfortino dispón ata o 30 de setembro para rematar os traballos de substitución do pavimento por outro adaptado ás necesidades e usos do centro escolar e para achegar os xustificantes da subvención outorgada.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...