Homesociedade200.000 euros para ampliación e reforma dos talleres do IES A Pinguela

200.000 euros para ampliación e reforma dos talleres do IES A Pinguela

A Consellería de Educación vén de publicar a adxudicación da obra de ampliación e reforma dos talleres do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, por importe de 199.994,87 €. As obras compatibilizaranse a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses e medio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A finalidade da actuación é atender as necesidades de espazo dos ciclos formativos que se imparten no IES. Neste sentido cómpre sinalar que o centro acaba de incorporar á súa oferta o novo ciclo de grao medio en Calzado e complementos de moda, na modalidade de FP Dual; así como, tamén nesta modalidade, o de grao superior en Estilismo e dirección de peiteado.

Para iso dotarase o centro dunha nova aula no edificio de talleres, para o que será necesaria a execución dun forxado neste edificio a dobre altura e a apertura de fiestras  nunha das fachadas para iluminar e ventilar. Ademais mudarase a carpintería e modificarase a fiestra existente na outra fachada e redistribuirase a tabiquería da planta superior dos talleres para crear o acceso á aula. Ademais cubrirase o patio anexo ao edificio de talleres cunha cuberta lixeira e estrutura a base de perfís metálicos. 

A actuación completarase coa construción duns vestiarios anexos ao pavillón existente, así como un baño adaptado a persoas con discapacidade, un pequeno despacho e unha sala de instalacións.

ÚLTIMAS

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a...