HomesociedadeAberta a inscrición nas escolas deportivas de Monforte

Aberta a inscrición nas escolas deportivas de Monforte

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2020 e prolongarase completando 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais. A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf (grupos reducidos por idades)
  • Pádel (grupos reducidos por idades)
  • Kung Fu
  • Zumba Kids

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento (2 grupos)
  • Tai Chi
  • Ioga (tres grupos)
  • Zumba

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica

prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de setembro. Entre o luns 28 e o 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades, confeccionada por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
    • Fotocopia do DNI do solicitante
    • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
    • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
    • Declaración responsable COVID-19

Do mesmo xeito, no seguinte enlace pódese acceder ao procedemento para a presentación electrónica:  https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte ao COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridade sanitarias. Para máis información, ademais da páxina web todos os interesados poden acudir áss Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude sitas nas Casiñas da Compañía.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...