HomesociedadeBóveda inviste 185.000 euros en instalacións de iluminación exterior

Bóveda inviste 185.000 euros en instalacións de iluminación exterior

O Concello de Bóveda investirá 184.737,93 euros na renovación de instalacións de iluminación exterior tras ter recibido unha subvención do programa operativo FEDER por importe de 147.790,36 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto suporá a renovación do alumeado público exterior do Concello de Bóveda actuando en 382 dos 852 puntos de luz existentes, substituíndo as actuais luminarias provistas con lámpadas de vapor de mercurio, vapor de sodio de alta presión e halóxeno metálico por lámpadas LED máis eficientes. Tamén se van actualizar 6 dos 59 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente.

Con esta actuación diminuirase a potencia de 41,34 kW a 26,22kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 75%.

O alcalde do Concello de Bóveda, José Manuel Arias, destaca a importancia de seguir investindo nestes proxectos, “o que trae consigo un mellor servizo e un importante aforro”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...